Patrimonio Cultural: Santiago de Compostela
IDENTIFICACIÓN.
O patrimonio de Santiago de Compostela está composto por unha inxente cantidade de manifestacións culturais e naturais que poden verse ó longo de toda a cidade.
Coa fin de identificar e dar a coñecer algúns dos exemplos máis representativos que conforman a cidade compostelá, facemos a seguinte clasificación:
En canto ós licores, existen unha inxente cantidade onde prima a tradición e elaboración caseira de moitos deles. Destacan entre moitos, o licor de herbas ou o licor café.

- Patrimonio cultural.
Parque Alameda. Este parque recibe o nome de Alameda, pero componse de tres partes ben diferenciadas: o paseo da Alameda, a carballeira de Santa Susana e o paseo da Ferradura. Consta dunha ubicación privilexiada bordeando unha parte da cidade histórica e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste.
Parque de Carlomagno. A súa parte máis elevada coñecíaselle tradicionalmente como Alto da Canteira. A panorámica abarca con claridade todo o ordenado de Fontiñas: máis ó lonxe, o resto da zona urbana que se presenta como un quebracabezas construtivo no que despunta a catedral.
Parque Fermín Bouza Brey e Alexandra Bóveda. Situado sobre a parte máis fonda dun valle. Constitúen un espazo con moita sombra coa boa dotación de servizos e amplas zonas adicadas ó paseo.
Parque da Granxa do Xesto. Gran espazo natural situado na zona máis baixa do Monte Pedroso no que conviven numerosas árbores, a pradeira e pequenas lagoas. Ademais, funciona como punto de partida dunha rede de sendeiros que recorre o Monte Pedroso, destacando o Vía Crucis ó aire libre que leva ata a cima onde se descubre a cidade.
Parque de San Domingos de Bonaval. O acceso a este parque é moi curioso, xa que se accede polo pasadizo que conforman as arquitecturas contrastadas de dous museos: o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) e o Museo do Pobo Galego.
Este parque ofrece vistas sorprendentes e respeta a estrutura tripartita da finca monacal: horta, carballeira e cemiterio. Posúe
ademais unha arboreda histórica que, co tempo, foise complementando con outras
especies.
Parque forestal da Selva Negra, Monte
Pedroso. Parque que
conserva máis árbores autóctonos dos que configuran o sistema de parques
naturais do Monte Pedroso e cunha extensión aproximada de 22 hectáreas.
- Patrimonio cultural
- Estruturas/edificios.
Auditorio de Galicia. Situado na avenida do Burgo das
Nacións, o auditorio municipal de Santiago recolle espectáculos de danza,
teatro, etc., pero destaca, principalmente, a súa programación de música
clásica (todos os xoves ás 21:00h). Aquí
atópase a sede da Real Filharmonía de Galicia.
Panteón de galegos ilustres. Cemiterio situado no Parque de San
Domingos de Bonaval no que repousan os restos da poetisa Rosalía de Castro, o
político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta
Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista
Alfonso R. Castelao.
Pazo de Raxoi. Situada na Praza do Obradoiro é a
sede do concello da cidade. Esta trátase dunha construción de estilo neoclásico
ordenada polo arcebispo de Santiago, Bartolomé Rajoy Losada, no ano 1966.
- Esculturas
As dúas Marías. A escultura destas dúas mulleres
atópase no parque da Alameda. Elas son Maruxa e Caralia, as cales destacaron por lucir
os seus traxes cheos de cores feitos na casa; ante isto, os estudantes
galeguistas e republicanos chamábanas “liberdade, igualdade e fraternidade” e
os estudantes de dereitas da CEDA “fe, esperanza e caridade”. Finalmente,
este sono revolucionario afogouse en sangue o 18 de xullo de 1936 coa
sublevación militar franquista e con isto, a represión chegou á familia Fandiño
Ricart.
Estatua do Rei Afonso II de Asturias (“El Casto”). Situada na Praza de Entrepraciñas e a súa historia
débese a que o rei Afonso II avalou ó arcebispo Teodomiro cando descubriu e
identificou os restos do apóstolo Santiago en Iria Flavia.
- Prazas
Praza de Cervantes. Esta praza foi un coñecido
punto de encontro entre a poboación da cidade no século XII e nela o pregoeiro lía os
acordos municipais e as ordeanzas do Arcebispo.
Praza da Quintana (ou Quintana de Vivos – Quintana de
Mortos – Porta Santa). Esta praza está dividida en dous niveis: a Quintana de Mortos
(nivel inferior) foi un lugar de enterramento ata 1780, momento no que se
trasladou este ata o cemiterio de Bonaval e a Quintana de Vivos é a parte
superior da mesma, construída no século XVIII.
Praza do Obradoiro. Centro monumental de Santiago de
Compostela. O seu nome provén dos talleres de canteiros que traballaron na
construción da fachada barroca da catedral. Nesta praza atópanse resumidos
os estilos artísticos e arquitectónicos que se deron na cidade ao longo de
700 anos.
- Museos e teatros
CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea). Creado en 1993 baixo deseño de Álvaro de Siza. Ubícase ao lado do Museo do
Pobo Galego, así como do Mosteiro de Bonaval e do Parque de Bonaval.
Museo do Pobo Galego. O edificio trátase dun antigo
convento de Santo Domingo de Bonaval, situado xunto ó camiño polo que chegaban
os peregrinos. Este museo ofrece, a través dun amplo e variado conxunto de
pezas, unha panorámica das manifestacións máis representativas da
cultura propia de Galicia.
Construíuse
baixo a mirada do Patronato integrado por entidades e persoas que traballan nas
distintas áreas da cultura galega e por representacións de institucións
públicas e académicas e a súa inauguración tivo lugar en 1977.
Teatro Principal. Construído no ano 1842. Posteriormente, en 1988 sufriu unha remodelación coa
que conservou a súa estrutura clásica e acolledora. Está concebido como un teatro
á “italiana” pola relación do público co espectáculo que está a contemplar.
LISTA DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO
Pódese atopar nesta url: http://transparencia.santiagodecompostela.gal/rexistro-asociacions/glhttp://transparencia.santiagodecompostela.gal/rexistro-asociacions/gl
GASTRONOMÍA
(Cabrito, Uñas e Tarta de Santiago)
A gastronomía funciona como un dos elementos fundamentais da cidade. Aquí ofrécese unha ampla variedade de alimentos dunha calidade asombrosa que van dende o mar ata a terra. Algúns dos pratos fundamentais da nosa cociña proveñen do mar tanto o peixe (merluza, ollomol, mero, faneca, coruxo) como o marisco (nécora, ameixa, berberecho, langostino, cigala).
Ademais, destacan as carnes ou os guisos. Fálase así, por exemplo, da terneira galega que ofrece churrascos ou chuletóns de considerable tenrura e tamaño. A partir disto e da súa combinación con outras carnes e verduras xorde o cocido galego, famoso polo seu sabor e por servir de identificación da nosa terra.
Para a sobremesa, a nosa gastronomía ofrécenos numerosos postres, así como os licores típicos. O postre máis representativo da cidade é a famosa tarta de Santiago elaborada con améndoa moída, ovos, azucre, manteiga e canela debaixo dun manto de azucre en polvo que debuxa a cruz do Apóstolo.
LISTA DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO
Pódese atopar nesta url: http://transparencia.santiagodecompostela.gal/rexistro-asociacions/glhttp://transparencia.santiagodecompostela.gal/rexistro-asociacions/gl
GASTRONOMÍA
(Cabrito, Uñas e Tarta de Santiago)
A gastronomía funciona como un dos elementos fundamentais da cidade. Aquí ofrécese unha ampla variedade de alimentos dunha calidade asombrosa que van dende o mar ata a terra. Algúns dos pratos fundamentais da nosa cociña proveñen do mar tanto o peixe (merluza, ollomol, mero, faneca, coruxo) como o marisco (nécora, ameixa, berberecho, langostino, cigala).
Ademais, destacan as carnes ou os guisos. Fálase así, por exemplo, da terneira galega que ofrece churrascos ou chuletóns de considerable tenrura e tamaño. A partir disto e da súa combinación con outras carnes e verduras xorde o cocido galego, famoso polo seu sabor e por servir de identificación da nosa terra.
Para a sobremesa, a nosa gastronomía ofrécenos numerosos postres, así como os licores típicos. O postre máis representativo da cidade é a famosa tarta de Santiago elaborada con améndoa moída, ovos, azucre, manteiga e canela debaixo dun manto de azucre en polvo que debuxa a cruz do Apóstolo.
En canto ós licores, existen unha inxente cantidade onde prima a tradición e elaboración caseira de moitos deles. Destacan entre moitos, o licor de herbas ou o licor café.
Patrimonio cultural Santiago. Reformulación. Unha breve introducción. Os parques son patrimonio natural, en principio. Tampouco había que percorrer a cidade. Había que explicar dende cando é patrimonio universal, as razóns, significado e incorporar fotiños e indicar con claridade onde están os sitios. Nos parques, a importancia é a vexetación, si hai arbres raros. Por exemplo, na Alameda dise que Isabel Perón plantou unha determinada especie.
ResponderEliminarLista de asociacións, está mal feita a entrada, non corresponde a ISO 690.
Gastronomía: e onde se fala do cabrito, uñas e tarta de Santiago. Hai mención dos productos que se comen en todos lados de Galicia. Sen fotiños. E sen fontes.
Moitas grazas por engadir o logo do Injuve.
ResponderEliminar