LA BANDA DEL PATIO
LA BANDA DEL PATIO
Ano: 1997
Duración: 15 min
País: Estados Unidos
Dirección: Paul Germain (Creador), Joe Ansolabehere (Creador) Chuck Sheetz, Howy Parkins, Susie Dietter, Brenda Piluso
Guion: Paul Germain, Joe Ansolabehere, Phil Walsh
Música: Denis M. Hannigan
Fotografía e reparto: Animation
Xénero: animación, comedia, infantil
Produtora: Disney Television Animation
La banda del patio segue a vida diaria dun grupo de seis amigos que estudian cuarto curso no colexio Tercera Calle. T.J (o líder), Spinelli (amante da loita libre), Vince (popular deportista), Gretchen (a chica xenio), Mikey (o bonachón) e Gus (entusiasta do militar) conforman esta peculiar pandilla. Os capítulos adoitan estar ambientados nos periodos de recreo, onde cada personaxe adopta o papel que lle corresponde dentro da sociedade que elas mesmas crearon.
A serie conta con seis temporadas, e un total de 127 episodios. A primeira emisión de capítulos inéditos foi o 31 de agosto de 1997 e a última o 5 de novembro de 2001, mais os episodios desta serie estiveron en televisión moitos anos. En España era emitida na canle Disney Channel.
Unha curiosidade desta serie é que a dobraxe das personaxes protagonistas foi feita por nenos pequenos, agás a voz de Spinelli, que a puxo Pamela Adlon. O reparto de dobraxe é o seguinte: Ashley Johnson - Gretchen, Andrew Lawrance - T.J, Rickey D'Shon Collins - Vincent, Jason Davis - Mikey, Courtland Mead - Gus.

O ano pasado, en 2017, cumplíronse 20 anos do lanzamento desta xa mítica serie, e algúns medios (SensaCine, ABC...) anuncian que os creadores ameazan con lanzar unha nova temporada.
Nunha entrevista realizada para EW (Entertainment Weekly), os creadores (coñecidos tamén polo seu traballo en Rugrats) recoñeceron ter tomado algunhas series como Taxi para elaborar a súa ficción. Nesta mesma ronda de preguntas, os autores da serie declaran a súa intención de crear un produto atemporal, co fin de que puidera convertirse nunha serie emitida universalmente.
No ano 2001, Chuck Sheetz, un dos creadores da serie dirixiu Recess:School's Out, unha película de 82 minutos de duración relacionada coa serie. O filme ambiéntase nas vacacións de verán. T.J está desexando que cheguen as vacacións, pero non tarda en aburrirse ao quedarse só, xa que todos os seus amigos se van de campamento. Entón o protagonista descubre os plans que o director do colexio ten para crear un inverno infinito... Esta non é a única película que se fixo a partir da serie, existen outras tres (La banda del patio: ya está en 5º curso, La banda del patio vuelve a la guardería e La banda del patio: abajo los grandes), ademais dun especial de Nadal.
Dende a revista Comunicar realizouse un estudio que consistiu en determinar o grado de validez curricular que as series de debuxos animados teñen en función de se estas cumpren cos obxectivos sinalados na Lei de Calidade da Educación (2003) para a etapa de Primaria. Para realizar o estudo escolliuse ao azar a serie La banda del patio. O alumnado visionou dous capítulos: no primeiro os protagonistas dan unha lección de amizade e compañeirismo aos demais rapaces do patio, e no segundo chega un alumno novo que ao principio é rechazado polos compañeiros pero posteriormente remata por integrarse no grupo.
Para a recollida de datos realizouse un cuestionario á mostra, formada por 69 alumnos, dos cales o 75'4% eran homes e o 24'6% mulleres. Trátase de estudiantes que cursaron a asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación no primeiro curso da titulación de Mestre na especialidade de Educación Física no curso académico 2004/2005, o que reflexa unha idade media de entre 18 e 23 anos.
"Como hemos podido comprobar, las series de dibujos animados de la televisión y, en concreto, la serie La banda del Patio, pueden ayudar al profesor de primaria a desarrollar los objetivos curriculares referidos principalmente a Conocimiento del Medio, Educación Artística, Geografía, Historia, Cultura, Arte y Tecnología. Además de estos también contribuirá a desarrollar el aprecio a nivel general por la diversidad cultural, la organización del centro y, a nivel particular, por la higiene y la salud. También permitirá apreciar los beneficios de la lectura y el desarrollo de la iniciativa propia a la hora de ampliar sus conocimientos formales" (Verónica Martín Díaz, 2005) Las series animadas de televisión y su valor educativo. Comunicar, nº25, p.4. Conclúe así o estudo a súa autora.
A intención desta serie era concienciar sobre o acoso escolar e realizar unha crítica social, mostrando a importancia do respeto entre compañeiras e compañeiros nas aulas. Esta serie apórtalle ao público valores positivos (amizade, respecto, axuda mutua...) e negativos (estereotipos, roles...). T.J, o líder do grupo, caracterízase por ser moi respetuoso e por facer todo polos seus amigos, pero para ser "guai" non pode sacar boas calificacións, e remata por acudir sempre a Gretchen, a mítica "empollona" que pasa moitas horas na biblioteca, e que non pode divertirse como os seus amigos para poder manter as súas boas notas. Na personaxe de Mikey faise unha clara referencia a que se unha persoa está gorda é porque inxire unha cantidade elevada de comida, en lugar de visibilizar outros problemas como pode ser un metabolismo complexo ou outra enfermidade.
Esta serie foi escollida baixo o criterio de series de debuxos animados que potencian a amizade.

Erika Crespo

Ficha técnica, algo escasa. Cando se emitiu en España?
ResponderEliminarSegue emitíndose. Máis ben, foi emitida. A primeira emisión de capítulos inéditos? Si é a primeira emisión, teñen que ser inéditos¡ Non entendo, o reparto de dobraxe¡ e os nomes estadounidenses non nos van dicir nada, pero ao mellor a dobraxe en español, sería máis axeitado, dobraxe das voces orixinais en inglés.
Nunha entrevista realizada, como cita está incorrecta, en que ano dixeron iso, e nese caso habería que introducir outra vez os nomes dos creadores para non ter que ir á ficha.
Tamén está mal a da revista Comunicar (cursiva), xa que esa revista non fixo ningún traballo, que si estaría feito por persoas con nomes e apelidos, e ano de publicación do estudo. E nas citas parentéticas non se inclúe o nome, só os apelidos e non se inclúe o título nin os outros datos, para iso están as referencias bibliográficas.
Non sei que serie de debuxos animados non evidencia a importancia da amizade ou, incluso, a necesidade dun traballo en equipo. E se ademais tiña como un dos obxectivos denunciar o acoso escolar, habería que ver como o facía, incluír algún exemplo de como o trataba.
Correcto, pero con problemas coas citas.