INFOGRAFÍA. Suede

Esta publicación trata dunha infografía sobre un dos grupos máis importantes do movemento britpop, un subxénero do rock alternativo que xurdiu nos anos noventa como reacción fronte a outros estilos de moda nese tempo. As características fundamentais deste movemento son a delicadeza do son, a simplicidade das cancións e a grande influencia de grupos da época dos 60 e 70.

Comentarios

  1. Introdución, necesaria, pero copia e traduce de Wikipedia.
    Os títulos, mellor en cursiva e ano entre paréntese. Por que repercusión fronte á crítica e por que crítica e non fans, por exemplo, e que crítica a de todo o mundo ou a británica? O seu primeiro LP, hai que incluír o título (cursiva) (ano) e sería numero un, parece ser que foi un dos discos máis vendidos en RU (http://www.revistagq.com/noticias/cultura/articulos/enciclopedia-gq-suede/28591 ou https://www.allmusic.com/artist/suede-mn0000586694/biography). O segundo LP, título (cursiva) (ano) e a descrición está sacada directamente de Wikipedia, que significa crooner e nos medios tempos? E quen di que é o seu mellor disco e por que. Esas afirmacións hai que dar unha brevísima explicación. É algo que tamén aparecen na entrada de Suede en Wikipedia. E non entendo, digamos, o último parágrafo que iría antes do disco publicado en 2016, e fálase dun quinto disco e no relato só se fala de 3 Lps sin contar o single inicial. Unha infografía precisa datos concretos. Poderíamos dividila en 3 partes: Grupo, discos e características da súa música ou as súas achegas á música pop británica.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares