Tarefa 5 - debate.


     As propostas iniciais para a tarefa foron:
  1. Escándalo de Facebook con Cambridge Analytica.
  2. Green Day.
  3. 420 (cannabis culture).
  4. Receitas de cociña.
  5. Britpop.

     O tema 1 foi descartado porque é unha custión moi actual, criterio que non se pedía. Os temas 2 e 3 eran demasiado xerais, polo que tamén os rexeitamos. O tema 4 tampouco foi elixido porque consideramos que non nos ía permitir unha documentación moi profunda.

     Polo tanto o noso tema é a proposta 5: o BRITPOP. Trátase dun subxénero do rock alternativo nacido en Gran Bretaña a principios da década dos 90. Cada persoa do grupo escollerá unha banda que corresponda ao citado xénero musical, e explicará a través dunha infografía aspectos relevantes da historia do grupo.






Comentarios

  1. De acordo. Pero a infografía ou infografías terían que completar un discurso no que se presente a historia do que denominades brit pop. E na medida que se vai describindo o estilo, si o é, características, música, letras e grupos, ir incluindo nese relato as infografías ou enlaces ás infografías. Era un traballo de investigación, o último traballo.

    ResponderEliminar
  2. E cales son os criterios para a elección dos grupos?.

    ResponderEliminar
  3. Si é un bo asunto a tratar, interesante, unha forma de revisar o pasado musical dunha época concreta. Pero, non me vou repetir, necesitabase un contexto de global que servise como marco dos grupos elexidos a través duns criterios claros de selección. A proposta máis floxa é a de Supergrass, cunha nota de 4. Oasis, 6. Suede, 7,5. Blur, 8,5. OCS, 7,5. Elastica, 8. Pulp, 8.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares