MULLERES DO AUDIOVISUAL GALEGO.
A continuación preséntanse algunhas mulleres que forman parte do audiovisual galego, partindo das pioneiras ata achegarnos ás máis actuais. Por desgraza, non se puideron recoller neste artigo a tódalas mulleres que forman parte do sector, pero que sen dúbida teñen e terán un papel moi significativo na historia e contarán cunha grande admiración por ter deixado a un lado ós millóns de prexuízos existentes e lograr un oco neste mundo deseñado por homes.
María Cardarelly. Fotógrafa esquecida no tempo, foi a primeira muller con estudos en fotografía en Galicia. A súa obra máis coñecida é un retrato dunha moza de 26 anos en Santiago de Compostela: Rosalía de Castro.
En 1864, con só 19 anos, montou o seu propio negocio no domicilio familiar, na rúa do Hórreo, na cidade compostelá para ter que trasladarse tres anos despois a Ferrol. Este traslado provocou que deixase a fotografía para sempre.
O historiador Carlos Castelao escribe "Hoxe en día só se coñecen tres retratos fotográficos da súa autoría, sen embargo dúas destas fotos son dunha gran trascendencia histórica, posto que retrataron á maior figura literaria da Galiza do século XIX".
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/pioneira-da-fotografia-galiza/20161104114027052519.html
http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2016/12/04/maria-cardarelly-fotografa-ignorada/1131436.html
Antonia Santos García. Fotógrafa mindoniense nacida en 1831. A súa obra está practicamente extinguida a pesar de ter exercido durante máis de tres décadas. Ata o de agora, unicamente emerxeron dezaseis fotografías, a maioría formato Tarxeta de Visita.
A súa imaxe máis coñecida trátase dunha fotografía histórica na que aparece a única partida carlista que tomou armas no ano 1872.
As tarxetas de visita realizadas pola fotógrafa axustábanse ós canons indicados por Disdéri: pano de fondo liso ou decorado, corpo enteiro ou tres cuartos; mobiliario moi sinxelo onde era habitual que as cadeiras ou as cómodas apareceran cortadas e rixidez producida polos repousacabezas.
http://www.fotografaspioneiras.com/index.php/2017/06/07/antonia-santos-garcia-1831-1905/
http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=2870&seccion=13
Marta Villar. Directora de arte, formouse como diseñadora na Escola de Arte Mestre Mateo a principios dos anos 80 e realizou traballos para cine e televisión. Concretamente, en televisión deseñou os platós de series como Rías Baixas, Fíos, Os Atlánticos, entre outras e de programas como A revista ou ZigZag,
Por outra banda, no ámbito do cine, foi directora de arte de películas como "Heroína", "Agallas", "Los muertos van deprisa", ou "A praia dos afogados".
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2017/02/21/directora-arte-marta-villar-premio/1154952.html
Mabel Rivera. Actriz de teatro e televisión. Iniciouse no teatro nos anos 70 participando en dez espectáculos antes de 1984, ano no que se funda o Centro Dramático Galego, onde ela comeza a traballar como profesional.
Formou parte do elenco do filme de Alejandro Amenábar "Mar adentro", o que lle valeu o premio Goya das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España á Maellor Actriz de Reparto, así como o Premio Sant Jordi de Cinematografía á Mellor Actriz.
Mais, o seu traballo no cinema é moi extenso, xa que formou parte de moitas obras cinematográficas, entre as que se atopan, por exemplo, "El bosque animado" de José Luis García Cuerda, "Hotel Tívoli" de Antón Reixa, "7 pasos y medio" de Lalo García ou "Anacos" de Xacio Baño, e formou parte dunha obra excepcional como é "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres".
En canto ó seu traballo en televisión, protagonizou unha das series máis emblemáticas da televisión de Galiza: "Pratos Combinados", así como tamén formou parte do elenco de "Pazo de Familia".
Finalmente, en teatro, o seus papeis como actriz son moi extensos e ademais colaborou como axudante de dirección en numerosas obras.
http://www.mabelrivera.es/biografia.html
Pilar Sueiro. Actriz, produtora e directora que comezou como actriz de teatro independente en Galicia para posteriormente pasarse ó cine.
No ano 1982 crea a produtora PS Films coa que produce 19 curtametraxes en 35mm. Dúas destas foron escritas e dirixidas por ela mesma. Nesta época tamén interviu como actriz nas curtametraxes de ficción “Opus I Homo Hominis”. “Augurio”, “La tercera mujer”, “Virginal”, entre outras.
IMPORTANTE! Das dúas primeiras mulleres, por desgraza, non se conservan imaxes, unicamente se pode atopar o seu traballo, o cal se pode acceder dende os diferentes enlaces que aperecen ó remate das súas biografías.

Dous anos máis tarde, en 1984, funda con
Pinzás a empresa de produción Atlántico Films, S.A e asume as funcións de
produtora executiva da mesma. Así, nos anos seguintes produce as
longometraxes “La gran comedia” (1985-86) na que Pilar tamén intervén como
actriz; “El juego de los mensajes invisibles” (1991) baseado na novela “El hijo
adoptivo” de Álvaro Pombo; ou “La leyenda de la doncella” (1995). Estas películas
con guión e dirección de Juan Pinzás obtiveron unha importante repercusión en
numerosos festivas internacionais.
En 1998, roda con guión propio
a súa primeira película como directora “Cuando el mundo se acabe te seguiré
amando”. Este filme foi seleccionado para numerosos festivais de cine como o de
Toulouse, Miami, Lorca ou Sevilla, entre outros.
NOTA: o gran cineasta Luis García-Berlanga apadriñou esta película
na que fai unha colaboración especial interpretándose a si mesmo.
Nos seguintes anos, vai
producir a primeira triloxía Dogma 95 do cine español que conta con certificado
oficial outorgado por Lars von Trier. Esta triloxía está composta por: “Era outra vez”, “Días de boda” e “El
desenlace”. Posteriormente, en 2010, prepara, como
produtora, tres novos proxectos de longametraxes: “El tiempo del absimo”, “La
sombra de Nueva York” e “Néboa”.
Sonia Méndez. Actriz, directora e guionista, fundamentalmente, formouse en diversas escolas de interpretación, guión, dirección de actores, construción dramática e realización: EspazoAberto (Santiago de Compostela), Centre de Estudis Cinematográfics (Barcelona), Postgrado en Interpretación e Arte Dramática (USC), entre outras.
No eido cinematográfico, traballou en películas como "Rafael" de Xavier Bermúdez, "Una mujer invisible" de Gerardo Herrero ou "El Sexo de los Ángeles" de Xavier Villaverde, así como en series da TVG ("Terra de Miranda") e tamén en Televisión Española ("Cuéntame").
Por outra banda, dirixe e guioniza numerosas curtametraxes, entre as que se inclúen "Perversa Lola", "As Damas Negras" ou "Conversa cunha muller morta" (estas últimas premiadas co Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe 2012 2 1013 respectivamente, ademais de ser seleccionadas e premiadas en numerosos festivais nacionais e internacionais).
Ademais, encárgase da organización de festivais como o "Carballo Interplay" e participa en moitos outros, así como tamén forma parte de asociacións como a "Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA).
IMPORTANTE! Das dúas primeiras mulleres, por desgraza, non se conservan imaxes, unicamente se pode atopar o seu traballo, o cal se pode acceder dende os diferentes enlaces que aperecen ó remate das súas biografías.
Cardarelly: a cita so con comiñas, non con comiñas e cursiva. E as 2 URLs non están ben, así como as da seguinte fotógrafa. Os títulos só van en cursiva, e das películas ou series van cos anos para sitúalos no tempo. Tamén é mellor aportar o mesmo espazo, máis ou menos, de biografía de todos os nomes. So 6 mulleres. Penso que podía ser máis amplo. As 2 primeiras son unha boa aportación, xa que non son coñecidas. As URLs non son correctas, e non son citas.
ResponderEliminar