A infancia a través dos debuxos animados.
Título orixinal: Futurama
Ano da
estrea: 1999
Duración por
capítulo: 22’
Dirección: Matt Groening (creador), Peter Avanzino,
Bret Haaland, Crystal Chesney, Susie Dietter, Mark Ervin
Guión: Matt Groening, David X. Cohen, Kristin
Gore, Ron Weiner, Carolyn Premish
Banda
sonora: Christopher Tyng
Xénero: Ciencia ficción, comedia de situación
Produtora: FOX, Comedy Central
Futurama foi unha serie animada cuxa trama xiraba arredor das actividades e aventuras dos empregados da empresa Planet Express.
A serie conta cun total de 140 episodios repartidos en 7 tempadas. O comezo da súa emisión tivo lugar o 28 de marzo de 1999 e puxo a súa fin definitiva o 10 de agosto de 2013, aínda que a súa emisión non foi continua. O gran parón que sufriu a serie tivo lugar entre a cuarta e a quintatempada , entre as cales transcorreron cinco anos.
Ademais, a quinta tempada diferénciase das demais por estar formada, unicamente, por catro capítulos alongados. A partir desta, os/as guionistas decidiron continuar coas dúas últimas debido á presión provocada por parte da audiencia.
En España, as canles responsables da súa emisión foron Fox España, laSexta e Neox. Nestas contou cun auxe considerable xa que estivo dispoñible en diferentes franxas horarias, as cales se correspondían co prime-time televisivo. Primeiramente emiteuse en laSexta cun horario nocturno no que se emitían os novos capítulos e un horario de tarde para as repeticións dos mesmos e, finalmente, trasladouse a Neox, onde contou cunha emisión diaria.

A trama comeza co personaxe de Fry, un repartidor de pizza, que foi conxelado na madrugada do día de Ano Novo do 31 de decembro de 1999 durante 1000 anos. O personaxe esperta durante o Fin de Ano do ano 2999 e consigue un emprego no Planet Express, o cal serve de nexo entre os diferentes personaxes e da lugar á creación das diferentes tramas.
A serie conta con numerosos personaxes, entre os que se atopan persoas e mesmo extraterrestres ou robots. Mais os personaxes principias, unicamente, son sete (na imaxe de dereita a esquerda: Zoidberg, Profesor Farnsworth, Bender, Fry, Amy Wong, Leela e Hermes Conrad).
Atendendo ás voces que están detrás dos diferentes personaxes principais, atópanse diferentes actores e actrices que nalgunhas ocasións mesmo interpretan a varios personaxes.

PERSONAXE
|
DOBRAXE
(EEUU)
|
DOBRAXE
(ESPAÑA)
|
Fry
|
Billy West
|
Iván Muelas
|
Leela
|
Katey Sagal
|
Olga Cano
|
Bender
|
John DiMaggio
|
Abraham Aguilar
|
Profesor Farnsworth
|
Billy West
|
Javier Franquelo
|
Hermes Conrad
|
Phil LaMarr
|
Juan Antonio Arroyo
|
Zoidberg
|
Billy West
|
José Padilla
|
Amy Wong
|
Lauren Tom
|
Chelo Vivares
|
A serie desenvólvese durante o século XXXI, onde a tecnoloxía ocupa un espazo fundamental. Referente a isto, aparecen algúns dos elementos que posuímos na sociedade actual como internet ou a televisión, pero vistos dende outra perspectiva. Así, internet conta co seu propio mundo dixital e ademais de ser lento, a maioría consiste en pornografía ou pop-ups; a televisión segue a utilizarse como medio de entretemento; e a roda está obsoleta e foi substituída por vehículos voadores e tubos de transporte.
Por outra banda, o espazo físico no que se desenvolve a historia está marcado polo quentamento da atmosfera, a inflexible burocracia e o abuso de substancias e ten lugar na cidade Nova Nova York, construída sobre a cidade actual de Nova York.
Resulta importante destacar que esta serie posúe un contido especial a maneira de mensaxes ocultos imperceptibles para as persoas que non estean familiarizadas coa física, as matemáticas e a informática. Algúns exemplos son:

- Chapek 9. No episodio “Temor a un planeta Robot”, o planeta habitado por robots denomínase Chapek 9, o cal toma o nome de Karel Čapek, escritor que acuñou o termo robot.
- Procesador de Bender. No episodio “Fry y la fábrica de Slum”, pode verse coa lanterna de raios F do Profesor Farnsworth que o cerebro de Bender é un microprocesador MOS 6502 (microprocesador de 8 bits deseñado por MOS Technology en 1975 e foi, con gran diferencia, o CPU máis barato con características completas no mercado).
- P e NP. No episodio “Pon tu cabeza sobre mi hombro”, aparecen dous misteriosos libros que levan escritos no lombo a letra P e a combinación NP, os cales son unha recompilación de problemas de clase P e de clase NP de complexidade computacional, os cales poden ser resoltos en tempo polinómico por unha máquina de Turing (dispositivo que manipula símbolos sobre unha tira de cinta de acordo a unha táboa de regras).
Por todo isto e pola utilización, por exemplo, dunha lingua propia creada por Matt Groening para ser utilizada polos diferentes personaxes (o que resulta unha característica fascinante que en ocasións pode pasar desapercibida), esta serie merece o lugar que ocupa a nivel internacional.
Esta marcou unha gran diferencia con respecto ás series que apareceran ata o momento e resultou interesante por ofrecer unha visión futurista da sociedade dende un punto de vista cómico. Ademais, a esta interesante trama hai que sumarlle o carisma que posúen os diferentes personaxes, particularmente Bender, quen ofrece unha visión despreocupada e divertida das diferentes historias.
Por outra banda e en relación ó motivo da escolla, a serie amosa a importancia das relacións sociais tanto a nivel amoroso como amistoso fronte a un mundo en decadencia que se rexe pola individualización dos diferentes seres que o habitan. Isto pode verse, por exemplo, a través da estreita relación entre Fry e Bender, un humano e un robot, que conforman unhas das mellores parellas amistosas da historia da televisión.
Ademais de todo isto e cinco anos despois dende a finalización da serie, segue a falarse da continuidade da serie na pequena pantalla ou mesmo a través dos novos soportos en auxe, a realización dun filme non animado sobre a mesma, a repercusión a nivel contemporáneo que teñen algunhas das súas tramas ou mesmo o retorno da mesma en formato podcast en Soundcloud ou Spotify, entre outras moitas posibilidades.
Ante este mar de posibilidades, a realidade imperante é que Futurama refléxase como un icono no panorama televisivo que contou cun grande éxito que a día de hoxe non rematou, grazas ó traballo de Matt Groening e o seu equipo que esperemos teña unha longa continuidade.
Laura Barcala.
Ficha técnica, algo escasa.
ResponderEliminarBen, pero a televisión ou internet formaban parte da sociedade en 1999. Non son novidades tecnolóxicas e os vehículos voadores penso que aparecen noutras series ou películas. Tamén na serie vese actitudes racistas, cuestións políticas e sociais que xunto coas científicas conforman esa serie con características diferentes ou innovadoras. Falta mención a outras cousas que se fixeron a partir da mesma, como videoxogos, por exemplo.
Ben o traballo, aínda que se notan cousas de Wikipedia.