Ficha técnica, algo escasa. País, por exemplo (pódese deducir, pero tamén nas películas¡) ou número de episodios que se emitiron e canles nas que se emitiu a serie en España e no país de orixe. A aportación tamén é escasa. Sería interesante ver o guión do traballo (está no campus virtual) para crear un relato algo máis amplo sobre unhas series de debuxos animados. Nomear sen máis ás personaxes non é moi esclarecedor, como exemplo de que a entrada lle faltan cousas. 22 anos despois de que? E o noso protagonista? Está copiado case literalmente de Wikipedia, do apartado argumento, https://es.wikipedia.org/wiki/One_Piece, entrada na que hai unha enorme cantidade de información. Unha infografía está ben para facer un resumo cos datos máis importantes da serie, pero neste caso non para responder ao que se pedía no guión do traballo. Tratábase de elixir unha serie, contar as características desa serie, ver que papel xoga no mundo dos debuxos animados e formular matices e argumentos que acrediten a selección feita. Segue emitíndose? Pouco documentado, pouco traballado. Non responde á maior parte do pedido no guión.
Ficha técnica, algo escasa. País, por exemplo (pódese deducir, pero tamén nas películas¡) ou número de episodios que se emitiron e canles nas que se emitiu a serie en España e no país de orixe.
ResponderEliminarA aportación tamén é escasa. Sería interesante ver o guión do traballo (está no campus virtual) para crear un relato algo máis amplo sobre unhas series de debuxos animados. Nomear sen máis ás personaxes non é moi esclarecedor, como exemplo de que a entrada lle faltan cousas.
22 anos despois de que? E o noso protagonista? Está copiado case literalmente de Wikipedia, do apartado argumento, https://es.wikipedia.org/wiki/One_Piece, entrada na que hai unha enorme cantidade de información. Unha infografía está ben para facer un resumo cos datos máis importantes da serie, pero neste caso non para responder ao que se pedía no guión do traballo.
Tratábase de elixir unha serie, contar as características desa serie, ver que papel xoga no mundo dos debuxos animados e formular matices e argumentos que acrediten a selección feita. Segue emitíndose?
Pouco documentado, pouco traballado. Non responde á maior parte do pedido no guión.